‹   Volver

A arañeira

Joseph Roth

13 €

COMPRAR

  • FICHA

    - ISBN:  978-84-121470-1-8.

     

    - 176 páxs.

     

    - 128 x 198 mm.

     

    - Encadernación rústica, cosida, con lapelas.

     

    - Tradución de David A. Álvarez Martínez.

     

    - Deseño de cuberta: Carlos Valdés.

     

    - Deseño e maquetación: Irmás Cartoné.

     

  • SOBRE O AUTOR

    Joseph Roth (1894-1939) naceu en Brody, na Galicia oriental, no seo dunha familia xudía. O pai abandonou a nai antes de nacer Joseph, que se criou coa familia materna.

     

    Estudou filosofía e letras e serviu no exército austríaco durante a Primeira Guerra Mundial. Rematada esta, comezou a traballar de xornalista en Viena. En 1920 trasladouse a Berlín, onde continuou exercendo o xornalismo. Alí casou con Friederiche Reichler en 1922. Este matrimonio, porén, foi unha das maiores fontes de sufrimento do autor, debido aos numerosos ingresos hospitalarios aos que tivo que someterse Friederiche por mor da súa esquizofrenia (motivo polo que máis adiante foi incluída no programa de exterminio Aktion 4).

     

    En 1923, cunha traxectoria xornalística xa consolidada, comezou a viaxar por Europa como correspondente do Frankfurter Zeitung. É nese mesmo ano cando se publica por entregas A arañeira, a súa primeira novela, que supón o inicio dunha carreira literaria que acadará o seu maior éxito en 1932, coa novela Radetzkymarsch.

     

    Consciente do perigo que a súa orixe xudía e as súas ideas supoñen tralo ascenso de Hitler ao poder, Roth abandona definitivamente Alemaña para se instalar en París en 1934. Alcolizado, doente e arruinado, morre na capital francesa o 27 de maio de 1939.

  • SOBRE O LIBRO

    Desmobilizado, como milleiros de soldados, ao rematar a Gran Guerra, Theodor Lohse atópase sen a brillante carreira militar coa que esperaba ocupar un lugar na vida. Porén, a convulsa República de Weimar logo lle ofrecerá outras vías para dar saída ás súas ambicións.

     

    * Preme nas lentes para ler as primeiras páxinas.

TAMÉN ESTAMOS AQUÍ

SOBRE AS IRMÁS

Irmás Cartoné é unha pequena editora independente dedicada á tradución ao galego de textos clásicos da literatura universal.

Máis ›

FALA CON NÓS

 

info@irmascartone.com

 Theme design by MuseLayers.